O BNG quere modernizar o Concello para dar resposta á sociedade 4.0

Lores anuncia que vai facer "un cambio substancial" da Administración

Lores explicou á veciñanza de Lourizán as propostas electorais do BNG para a parroquia. CEDIDA
photo_camera Lores explicou á veciñanza de Lourizán as propostas electorais do BNG para a parroquia. CEDIDA

"Acompasar a Administración local ás necesidades reais e actuais dos pontevedreses" é un dos puntos "irrenunciables" do BNG "para os vindeiros catro anos de Goberno municipal". A candidatura de Miguel Anxo Fernández Lores considera que "é necesario" que tanto organigramas, formas de xestión, comunicacións, colaboracións... que o Concello mantén coa sociedade "muden para adaptarse a unha veciñanza que modificou as súas prioridades". Lores e o seu equipo queren facer fronte a esa "imprescindible adaptación" da institución municipal ás demandas dos veciños de Pontevedra, "unha profunda remodelación que só será posible se o BNG obtén a maioría suficiente para Gobernar con folgura o vindeiro mandato".

Para a forza nacionalista "resulta evidente que a sociedade pontevedresa estase adaptando aos novos tempos en todos os seus eidos: na xestión empresarial, no comercio, no tipo de cultura que consume... E para unha cidade 4.0 innovadora, punteira, avanzada, que ten prioridades distintas e demandas singulares, é necesario unha Administración que resolva a ese nivel de esixencia, é dicir, é preciso un Concello 4.0 para unha sociedade 4.0".

Lores anuncia que vai facer "un cambio substancial" da Administración, modernizándoa de maneira que atenda ás demandas que os cidadáns esixen". Para levar adiante esta conversión da maquinaria administrativa, aposta por unha reconfiguración dos departamentos e servizos do Concello.

Comentarios