O BNG reclama que María Vitoria Moreno substitúa a Fernández Ladreda no rueiro de Pontevedra

A iniciativa conta co apoio da familia da escritora e de institucións como a Real Academia Galega e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Rueda de prensa para presentar la iniciativa del cambio de nombre de Fernández Ladreda. S.A.
photo_camera María Vitoria Moreno. ARQUIVO

O BNG volverá propor aos grupos da oposición que María Victoria Moreno teña unha rúa na cidade. O asunto será debatido no Pleno municipal deste mes e o obxectivo é que a escritora pontevedresa, á que este ano se lle dedicará o Día das Letras, substitúa no rueiro municipal ao exministro franquista José María Fernández Ladreda.

"Agardamos que a proposta sexa ben acollida pola Corporación", sinalou este xoves a edil de Educación, Carmen Fouces, en rolda de prensa. Na comparecencia, a concelleira nacionalista estivo acompañada por membros da familia de María Victoria Moreno, concretamente pola súa filla, Begoña Llácer Moreno, e o seu viúvo, Pedro Ferriol.

A iniciativa do Goberno local conta co respaldo de distintas institucións e colectivos. Entre eles destacan a Real Academia Galega, cuxo presidente, Víctor Freixanes, manifestou a súa satisfacción pola decisión. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega tamén se sumou á lista de apoios. O seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, agradeceu o xesto e asegurou que este tipo de actuacións dignifican ás cidades. "Os nomes das rúas son a memoria, a humana biografía dunha cidade", engadiu.

Maiolongo, Polo Correo do Vento e o claustro de profesores e o consello escolar do Torrente Ballester, que foi o último instituto no que María Victoria Moreno deu clases, apoian a proposta. "Agradezo ao Concello e ás asociacións que están loitando por levar adiante este proxecto", dixo Begoña Llácer Moreno.

Comentarios