Bodyfulness para reconectar co corpo no programa A Vida é Movernos

As sesións serán impartidas pola experta en Danza Movemento Terapia Lía Brea os días 25 de setembro e 9 de outubro na Illa das Esculturas
Presentación do programa A Vida é Movernos. DP
photo_camera Presentación do programa da Vida é Movernos. DP

O programa A Vida é Movernos, promovido pola Concellería de Deportes, abre as inscricións para un novo taller no que os asistentes tratarán de reconectar co seu corpo.

As sesións de Bodyfulness serán impartidas pola experta en Danza Movemento Terapia (DMT) Lía Brea os días 25 de setembro e 9 de outubro na Illa das Esculturas, entre as 11.00 e as 12.30 horas. Para participar é necesario inscribirse enviando un correo a [email protected].

Cada unha das sesións conta con 12 prazas.

Os principais obxectivos deste taller son conseguir unha aproximación somática ao movemento para mellorar a saúde integral, percibir a posibilidade de moverse desde a atención plena e a liberdade, experimentar distintas formas de relacionarse e expresarse co mundo en movemento e adquirir algunha experiencia persoal significativa que promocione o movemento como elemento de saúde na vida diaria.

A actividade combinará elementos doutras disciplinas psicosomáticas, que traballan precisamente con esa interacción entre a mente e o corpo e que compaxinan aspectos como a conciencia corporal, movemento creativo e consciente e técnicas de meditación e contemplación.

Ademais, a monitora centrará o taller nas relacións coa finalidade de paliar a sensación de illamento que se produciu durante a pandemia.

Comentarios