Bolboretas a golpe de clic

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acaba de publicar unha guía sobre as 43 especies detectadas no Espazo Natural de Interese Local da Xunqueira de Alba

Unha das especies incluídas na guía. DP
photo_camera Unha das especies incluídas na guía. DP

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe Iván Puentes, acaba de poñer a disposición de todos aqueles que queiran consultala na páxina web do Concello de Pontevedra a súa Guía de Bolboretas do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Xunqueira de Alba.

O traballo, elaborado por José Rodrigo Dapena, Miguel Fernández-Martínez e Saleta González, recolle a información básica sobre as 43 especies de bolboretas detectadas nas numerosas mostraxes realizadas neste contorno e que supoñen un 17% de tódalas citadas na Península Ibérica e un 31% sobre o total de Galicia.

Comentarios