jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

A Brilat presenta as patrullas que participarán na operación 'Centinela Galega 20'

A presentación das patrullas que formarán parte da Operación Centinela Galego 20, na que se explicarán os detalles do dispositivo, terá lugar venres ás 12.00 horas na Base Militar General Morillo. á presentación acudirán o conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez e o xeneral xefe da Brilat, Luís Cortes Delgado, que presentarán ás patrullas da Brigada 'Galicia' VII quen iniciarán a operación Centinela Galega xunto ao Terzo Norte de Infanteria de Mariña.

As Forzas Armadas participarán, de novo, este ano na campaña Contraincendios entre o 15 de agosto e o 30 de setembro. A operación 'Centinela galega' realizarase de acordo co convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia, que se iniciou en 2007.

A participación das FFAA será de 27 patrullas podendo aumentar en función das necesidades. As 22 patrullas de Unidades da Brilat estarán baixo o control do xefe da Brigada 'Galicia' VII, o xeneral de brigada Luís Cortés Delgado.

A Brilat presenta as patrullas que participarán na operación...
comentarios