Un can de tres meses, atacado por un xabaril en Mourente

O animal, cruzamento de beagle e podenco, atópase grave
Cachorro atacado por jabalíes. CRTVG
photo_camera Cachorro atacado por xabarís. CRTVG

Un can foi atacado por unha manda de xabarís en Mourente e atópase moi grave debido ás lesións que lle produciron. O can, cruzamento de beagle e podenco e chamado Billy Joe, sufriu o ataque na horta á beira da casa dos seus donos.

Os feitos producíronse de noite, polo que a familia estaba a durmir e sobresaltouse. Logo de levantarse da cama, tiveron que esperar a que os xabarís se fosen para axudar ao animal, que ten tan só tres meses.

Os donos de Billy Joe aseguran que os xabarís baixan, tanto de día como de noite, dun bosque próximo ata as hortas, onde provocan numerosos danos.

Comentarios