Unha cadea humana de traballadores de Ence protesta ante a sede do PSOE

Os participantes na mobilización entregaron unha solicitude de entrevista dirixida ao deputado Guillermo&Meijón nbsp;
photo_camera Os participantes manifestáronse diante da sede do PSOE para pedir que a factoría non se peche

"PSOE decátate: Ence non se pecha!" e "Sen emprego industrial non hai futuro digno" foron os lemas contidos nas pancartas que os traballadores da pasteira despregaron este venres ante a sede do PSOE, situada no barrio de San Roque. Foi unha nova mobilización que tivo como obxectivo entregar unha carta ao deputado socialista Guillermo Meijón -membro da Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Congreso- para pedirlle unha entrevista.RAFA MANIFESTACION TRABALLADORES DE ENCE ENTRE A SUBDELEGACION E A SEDE DO PSOE

Os participantes na protesta (que gardaron a distancia interpersoal recomendada polas autoridades sanitarias para a prevención de contaxios por covid-19) formaron unha cadea humana ao longo de rúa Alameda, desde a Subdelegación do Goberno ata a entrada da sede socialista. Durante a mobilización soaron bucinas e explotou algún que outro petardo.

No escrito de solicitude de reunión a sección sindical de CCOO do Grupo Ence de Pontevedra trasladou a Meijón a "inquietude" da "ampla maioría" do cadro de persoal dos centros de traballo da pasteira de Lourizán, das empresas auxiliares e do sector forestal de Galicia pola redacción do artigo 18.4 da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética que "cuestiona a permanencia" da fábrica na súa actual localización, na ría de Pontevedra e "pon en risco real a continuidade de miles de postos de traballo de quen formamos parte do ciclo produtivo da pasta de papel". 

RAFA MANIFESTACION TRABALLADORES DE ENCE ENTRE A SUBDELEGACION E A SEDE DO PSOE"Fabricar pasta de papel en Galicia -argumentaron na misiva-, en mellores condicións ambientais que nos países nórdicos de Europa, resulta ser a mellor alternativa de transformación dunha parte importante da madeira do noso país e, polo tanto, de xeración de riqueza. Non parece esaxerado afirmar que o peche da fabricación de pasta de papel sería tamén un desastre para o sector forestal galego": 

Ao mesmo tempo que esta carta, á sede do PSOE chegou o escrito presentado por distintas organizacións empresariais de Pontevedra (Asociación de Novos Empresarios, AJE; Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa, Aempe; Cámara de Comercio e Asociación Proindustria) no que solicitaban unha entrevista a Guillermo Meijón para trasladarlle a "preocupación" da patronal polo futuro de Ence, "tanto pola situación xudicial á que está sometida a prórroga da concesión da empresa en Lourizán como pola incidencia que podería ter a aprobación do artigo 18.4 da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética". 

"Preservar o emprego de calidade -indicaron na petición de reunión- non é só unha necesidade senón unha esixencia de todos aqueles que queremos un futuro máis próspero no que a política institucional debe de participar de forma proactiva". RAFA MANIFESTACION TRABALLADORES DE ENCE ENTRE A SUBDELEGACION E A SEDE DO PSOE

Ana Cedeira, presidenta do Comité de Oficinas Centrais de Ence, anunciou que darán maior intensidade ás mobilizacións para seguir reclamando a retirada do controvertido artigo 18.4 da Lei de Cambio Climático que pretende aprobar o Goberno central.

Rubén Fernández, un dos participantes na protesta, indicou que "queremos facer reflexionar aos partidos políticos para que cambien a súa postura no artigo 18.4 e non sobre a totalidade da Lei de Cambio Climático, da que non estamos en contra". 

Comentarios