Caen un 44% os roubos con forza e un 64% en vivendas na Boa Vila

A Subdelegación intensifica as actividades para previr os delitos telemáticos nos centros escolares e achégaas aos concellos
Charla sobre seguridad en la Red en un centro escolar. ARCHIVO
photo_camera Charla sobre seguridade na Rede nun centro escolar. ARQUIVO

Os roubos con violencia caeron un 44% no primeiro semestre do ano na cidade de Pontevedra. Tamén os roubos con forza en vivendas reducíronse un 64% na Boa Vila aínda que desde a Subdelegación do Goberno advirten que esta porcentaxe podería variar neste trimestre "porque o verán é unha época especialmente delicada neste sentido", advertiu a subdelegada, Maica Larriba.

Segundo os datos da Subdelegación, os índices de delincuencia da provincia de Pontevedra están por baixo da media nacional e no caso do municipio a diferenza é aínda maior. "Pontevedra é unha cidade segura. Así se constata en todas as xuntas de seguridade", sinalou Larriba.

Tras un ano e medio de pandemia, as denuncias por delitos telemáticos aumentaron ata un 70% na provincia

Na outra cara da moeda atópase a ciberdelincuencia, que creceu máis dun setenta por cento, especialmente por mor da pandemia "porque se recorreu moito máis ás compras online e moitas veces con descoñecemento", subliñou a subdelegada.

Maica Larriba advertiu que por agora os resultados da loita contra o cibercrimen "non son para botar foguetes", en moitas ocasións, asegura, "porque moitos deses delitos prodúcense no estranxeiro".

Para previr os delitos vía telemática leváronse campañas nos centros educativos, onde acoden expertos da Policía Nacional e Garda Civil para que dar a coñecer as principais medidas de seguridade que deben ter en conta "á hora de acceder á rede". A subdelegada anunciou que se van a intensificar estas actividades formativas e vanse a levar á contorna rural. "Puxémonos en contacto con todos os alcaldes para que nos fagan chegar demandas destes cursos e estannos chegando propostas de concellos", destacou Larriba.