A calor apodérase de Pontevedra: 32,9 graos

Galicia rexistra as temperaturas máximas de España este xoves
Bañistas en la playa de Areas. RAFA FARIÑA
photo_camera A praia de Areas, en Sanxenxo. RAFA FARIÑA

Galicia, por segundo día consecutivo, volveu rexistrar as temperaturas máximas de toda España. Segundo a Aemet, cuxas estaciones son distintas ás de Meteogalicia, o Monte Iroite, na Serra do Barbanza, marcou o pico de todo o país, con 35,9ºC. Con medicións ata as 19.00 horas, a segunda temperatura máis alta deuse en Ourense capital, con 35,5ºC.  No top ten español tamén se coan os municipios coruñeses de Sobrado dos Monxes e As Pontes, con 34,7 e 34,6 graos, e Lugo, con 34,5ºC.

Máximas

Se nos guiamos polos datos de Meteogalicia, que só ofrece os da comunidade, a máxima rexistrouse en Ourense, con 36,6º. Na provincia de Pontevedra tamén destacaron os rexistros de Salvaterra do Miño, con 34,7 graos, Pontevedra capital (32,9ºC) Caldas de Reis (32,7ºC) ou Tui (32,5ºC)

Comentarios