A calor chega hoxe a Pontevedra onde se alcanzarán os 30 graos a fin de semana

Meteogalicia descarta alertas e asegura que o mercurio se aliviará descendendo ata a metade tras a caída do sol

Una niña y un perro se refrescan en una de las fuentes de la ciudad. RAFA FARIÑA
photo_camera Unha nena e un can refréscanse nunha das fontes da cidade. RAFA FARIÑA

A masa de aire frío situada no Atlántico que evitou a chegada da onda de calor a Galicia vaise. A partir deste xoves, as temperaturas irán en escenso. Para esta xornada espéranse máximas de 29 graos nas provincias de Lugo e Ourense, mentres que en cidades como Pontevedra e Santiago alcanzaranse os 25.

Xa o sábado, coa influencia das altas presións, as temperaturas experimentarán un ascenso máis acusado, excepto as máximas no terzo norte. Durante a fin de semana os termómetros en Pontevedra e Santiago de Compostela chegarán ata os 30 graos durante o día dando tregua polas noites cunhas temperaturas que descenderán ata os 16 graos.

A zona máis calorosa de Galicia situarase no Ribeiro de Ourense, con 34 graos durante o día. A caída do sol tamén ofrecerá un respiro nesta zona, onde a oscilación térmica durante as noites será de 20 graos.

ONDA DE CALOR. A pesar deste aumento, non se pode considerar que sexa unha onda de calor. "Unha das condicións para que o sexa é que haxa máis de tres noites nas que as mínimas non baixen dos 20 graos", indica o meteorólogo Alberto Romero.

O motivo polo que a onda de calor que vive boa parte de España estes días non fixo efecto na comunidade galega ata este xoves —ademais das baixas presións situadas no Atlántico— é a súa procedencia. Se en Marrocos fai moito calor, é máis probable que na comunidade tamén.

As masas de aire quente do país africano poden desprazarse cara ao norte ata tocar a costa sur de Portugal, escalar o país veciño e subir os nosos termómetros. A semana pasada, os marroquís non tiveron calor, pero os alxerinos si. As ondas de calor que afectan a Alxeria ascenden polo centro e o leste peninsulares.

Comentarios