O campus de Pontevedra xa conta con salas de lactación

Tamén se instalaron nos campus de Vigo e Ourense
Sala de lactancia en Enxeñería Forestais. UVIGO
photo_camera Sala de lactación en Enxeñería Forestais. UVIGO

A Universidade de Vigo é, desde este xoves, a primeira de Galicia e a cuarta de España que conta con salas de lactación nas súas instalacións. Trátase dun "paso pequeniño, pero significativo", dixo o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, nun comunicado.

"A sociedade ten que evolucionar cara a un mundo mellor e é preciso que as mulleres atopen o seu lugar profesional, e todas as medidas que podamos pór en marcha para favorecer a conciliación farán unha sociedade máis xusta e feliz", engadiu.

En concreto, a universidade conta con dúas salas no campus de Vigo e outras dúas no de Pontevedra, e nos próximos días entrará en servizo unha quinta, no campus de Ourense.

Con estas cinco salas, destinadas a facilitar que profesoras e estudantes poidan continuar coa lactación cando se reincorporen aos seus postos tras a baixa maternal, a Universidade de Vigo é a cuarta de España, tras Murcia, Valencia e Sevilla, que habilita estes espacias.

A instalación de salas de lactación está recomendada tanto pola OMS como pola Lei de Prevención de Riscos Laborais en empresas nas que traballen máis de mil persoas.