Caos en Montecelo pola quinta onda de coronavirus

Ata sete horas de espera en Urxencias e colas para chegar a Admisión
Colas en Montecelo. CEDIDA
photo_camera Urxencias de Montecelo. DP

A quinta onda do coronavirus puxo de manifesto que se o volume de ingresos hospitalarios é moito menor que hai meses, a peor parte lévalla tanto Atención Primaria como os servizos de urxencias, e afecta a pacientes de todo tipo de patoloxías. O ocorrido este luns en Montecelo é bo exemplo.

"A situación no servizo de urxencias é insostible", denunciou un pontevedrés ao fío das nove da noite, cando levaba cinco horas co seu sogro, a quen o seu médico de cabeceira enviou alí sen tempo que perder "cunha arritmia fuertísima e unha dor torácica". En todo ese tempo pasou o triaje "pero non o viu ninguén". E o seu non é o peor caso. "Hai xente que leva aquí esperando cinco, seis, sete horas para ser atendido. Unha moza que tivo un accidente, leva oito horas esperando unhas probas".

No exterior numerosas persoas apíñanse esperando poder chegar a Admisión mentres o goteo de ambulancias é continuo. "Dentro é un caos pola cantidade de xente que hai, tanto pacientes como familiares".

Comentarios