miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Carlos Alberto Názara: "Exercicio físico e unha dieta idónea reducen ao 50% os casos de diabetes"

El doctor Carlos Alberto Názara, durante su intervención
El doctor Carlos Alberto Názara, durante su intervención
O doutor impartiu este luns unha charla na cea coloquio organizada polo Rotary Club de Pontevedra

Sensibilizar e concienciar á sociedade de que manter unha dieta adecuada (que resulte beneficiosa desde o punto de vista cardiovascular) e practicar exercicio físico de forma moderada axuda a previr a aparición da diabetes foron os principais obxectivos da cea coloquio organizada polo Rotary Club de Pontevedra, que se desenvolveu este luns no Hotel Galicia Palace e que tivo como relator ao médico Carlos Alberto Názara Otero.

Representantes de centros de ensino, asociacións escolares, servizos sociais, colexios oficiais, profesionais en materia de alimentación, educadores deportivos, xuíces e medios de comunicación, entre outros, participaron no acto, no que se abordou desde diferentes puntos de vista o problema da diabetes, "unha enfermidade metabólica, progresiva, caracterizada pola hiperglucemia crónica, como resultante dunha combinación de resistencia á insulina e unha inadecuada resposta secretora de insulina", como indicou o especialista.

"Falar ante un foro tan variado representa un reto e unha ocasión magnífica para poder difundir os coñecementos sobre a diabetes e aconsellar a modificación de hábitos para a súa prevención. Os médicos e os medios de comunicación temos que esforzarnos en difundir a realización de hábitos saudables, aconsellando que se coma san e que se faga exercicio físico de forma moderada e adecuada a cada idade. Desta forma poderíase reducir ao redor dun 50% os casos de diabetes", aseverou.

O relator definiu a diabetes como "unha das grandes pandemias do século XXI de patoloxía non infecciosa, xunto coa insuficiencia cardíaca, a hipertensión, o tabaquismo e a obesidade". E é que, segundo datos da Federación Internacional de Diabetes, "de 415 millóns de persoas que en 2015 padeceron esta doenza pasaremos a 642 millóns no ano 2040, o que supón, sobre unha cifra xa tremenda e moi preocupante, un incremento do 55%".

O doutor Názara Otero precisou que en España afecta en torno ao 14% da poboación, pero hai lugares, como o sueste asiático, nos que a diabetes afecta case ao 50% da poboación.

ICTUS. O facultativo ilustrou aos participantes na cea coloquio sobre a diabetes, unha enfermidade "eminentemente cardiovascular". Indicou que proba diso é que multiplica por catro o risco de ictus, o 80% dos pacientes diabéticos morre por eventos cardiovasculares, e en canto a eventos microvasculares (retinopatía, nefropatía e neuropatía diabéticas), esta doenza convértese na primeira causa de cegueira en adultos, insuficiencia renal e en amputacións non traumáticas da extremidade inferior. "En cifras absolutas, a diabetes alcanzou os cinco millóns de mortes no ano 2015", apostilou.

Durante a súa intervención, o médico apuntou que aproximadamente o 10% dos casos de diabetes son de tipo 1 (na que non existe produción de insulina por parte do páncreas) e o 90% son de tipo 2 (máis relacionada coa resistencia a insulina polos tecidos periféricos como o músculo e o tecido adiposo, o que impide a metabolización da glicosa).

"A diabetes 1 é moi escandalosa porque xeralmente afecta a bebés e a mozos, mentres que a do tipo 2 gañámonola con suor porque está ocasionada por unha vida sedentaria e polos cambios alimenticios que se foron introducindo co desenvolvemento da civilización".

Os síntomas polos que se detecta a diabetes 1, segundo o especialista, son "perda de peso, ouriñar con moita frecuencia, ter moita sede e unha fame desmesurada". Na de tipo 2 o médico de familia ten que estar máis alerta porque é moi ensidiosa, con elevacións moi suaves de glicosa. Detéctase mediante análise (é aconsellable un anual nas persoas con risco de padecer esta enfermidade).

A obesidade abdominal é outra das causas polas que se pode padecer diabetes. "A cintura abdominal ten uns límites marcados polas sociedades científicas, un marcador de risco de prediabetes que multiplicaría por 12 o risco de ter a enfermidade fronte a unha persoa que ten unha cintura normal".

Neste sentido, o Comité nacional americano para o estudo de enfermidades cardiovasculares fixa un máximo de 88 centímetros de cintura para as mulleres e de 102 para os homes. A partir de aí aumenta o risco.

Respecto dos beneficios dunha alimentación adecuada, o experto comentou que "a dieta atlántica -que é tan boa como a mediterránea, á que nada ten que envexar- prevén en gran medida o desenvolvemento destas enfermidades xeradas polo desenvolvemento da civilización".

Carlos Alberto Názara: "Exercicio físico e unha dieta idónea...
comentarios
ç