Os casos activos na área de Pontevedra baixan de 44 a 43

Só permanece hospitalizada unha persoa no CHUP
Entrada del Hospital Montecelo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Entrada do Hospital Montecelo. GONZALO GARCÍA

O número de casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés reduciuse de 44 a 43 do sábado ao domingo, segundo o balance facilitado por Sanidade. Un paciente continúa hospitalizado en Montecelo, mentres que non hai ningún nin no Salnés nin no QuirónSalud. O resto de pacientes, 42, evolucionan no domicilio.

Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 curáronse 926 pacientes na área, o que supón un máis que o sábado, e faleceron por este virus na área sanitaria 16 persoas.

REPUNTE EN GALICIA. En Galicia rexistrouse este domingo a morte dunha muller de 83 anos no Hospital da Mariña. Presentaba patoloxías previas e trátase do segundo falecido con coronavirus nos últimos tres días na comunidade, tras dous meses sen vítimas mortais. Así, a comunidade suma desde o inicio da pandemia 621 falecidos.

En canto aos contaxiados por áreas sanitarias, a máis afectada é de novo A Coruña, que este o sábado estreou as medidas restritivas en cinco municipios da área metropolitana da capital para intentar controlar o brote orixinado nun ximnasio de Arteixo. 

O número de casos activos nesta área elévase a 302, o que supón 56 máis que o sábado, e supón que nesta área se concentren máis da metade dos casos de Galicia. 

Tras A Coruña, a área máis afectada é a de Vigo, con 83 casos (2 máis); á que seguen Lugo con 74 casos activos (5 menos), Pontevedra con 43 casos (1 menos), Santiago, 41 (1 máis), Ourense, 41 (4 máis) e Ferrol, 7 (1 máis). 

Dúas persoas están nas Uci (1 menos) e outras 23 en unidades convencionais de hospitalización (2 menos); mentres que o resto, 566, están nos seus domicilios. 

As autoridades sanitarias informan tamén de que xa se curaron 11.428 persoas, o que supón 25 máis que o sábado. . 

Deste dato e do de casos activos con respecto ao día anterior despréndese que o número de positivos na última xornada -dato que non ofrecen desagregado as autoridades sanitarias- é 83 novos contagios.

O número probas PCR acumulado elévase a 264.202, case dous mil máis que o día anterior. 
A Xunta indica tamén que hai tres usuarios contaxiados en residencias de maiores (dúas máis que onte), nas que seguen contaxiados dous profesionais, segundo os datos facilitados.