Os casos activos de covid seguen aumentan na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Nas últimas 24 horas detectáronse 4 novos positivos
Cribado en Vilagarcía. GONZALO GARCÍA
photo_camera Cribado en Vilagarcía. GONZALO GARCÍA

Novo repunte dos casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Desde o 15 de outubro a tendencia vai á alza, con excepción do día 18, no que houbo estabilidade. Deste xeito, se na xornada anterior contabilizábanse 51 casos, este martes son 53 —2 máis—.

Así o reflicten os datos facilitados polas autoridades sanitariasque tamén sinalan que o número de nbsp;&contagios detectados nas últimas 24 horas ascende respecto ao luns: son 4 —por 2 da xornada anterior—. 

ponche

Respecto dos hospitalizados na área sanitaria, son un total de 1. O paciente atópase na Uci do Chup.

Desde o inicio da pandemia hanse curado un total de 21.241 persoas en Pontevedra e O Salnés. En canto ás vítimas, o Sergas notifica un total de 205.

Comentarios