Catro persoas intoxicadas por inhalación de gas en Pontevedra

Un quentador de auga provocou a fuga nun domicilio de Médico Ballina
El edificio de Médico Ballina en el que se produjo el incendio. GOOGLE MAPS
photo_camera O edificio de Médico Ballina no que se produciu o incidente. GOOGLE MAPS

Catro persoas resultaron intoxicadas por inhalación de gas procedente dun quentador de auga nunha vivenda en Pontevedra, informaron fontes do 112 Galicia. Os afectados foron trasladados a un centro médico, detallan as fontes. 

Persoal do 061 informou sobre as 15.30 horas ao 112 deste episodio de intoxicación, que se produciu nun domicilio da avenida Médico Ballina, á altura do número 14.

O centro de atención ás urxencias de Galicia mobilizou aos Bombeiros de Pontevedra, Policía Nacional e Local, Protección Civil e á empresa subministradora do gas.