O CEIP Campolongo recupera o seu xardín vertical tras reciclar máis de 300 botellas de plástico

Da man da Anpa, o alumnado de 1º a 6º curso deu unha segunda vida a vellas botellas e converteunas en divertidos maceteros
Alumnado del CEIP Campolongo durante la instalación del jardín vertical en el patio este martes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Alumnado del CEIP Campolongo durante la instalación del jardín vertical en el patio este martes. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O patio do CEIP Campolongo este mércores máis primaveral que nunca. Desde este martes, 327 plantas colgan do xardín vertical que os nenos e nenas de 1º a 6º curso prepararon durante toda a mañá. 

A iniciativa partiu do Anpa, concretamente da secretaria da asociación, Maria Rodríguez Montegrifo, que recolleu a testemuña do que fose presidente do colectivo de pais e nais do alumnado anos atrás, Antonio José Rodríguez Fernández, e recuperou aquel primeiro xardín vertical que xa en 2019 daba vida ao recinto. Representantes da Anpa e o equipo directivo decidiron recuperar a proposta que tras a pandemia non volvera a florecer en Campolongo.

Crisantemos, prímulas, tulipanes, geranios e margaridas son algunhas das plantas que xa locen no patio do CEIP Campolongo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Crisantemos, prímulas, tulipanes, geranios e margaridas son algunhas das plantas que xa locen no patio do CEIP Campolongo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO


"Isto foi posible grazas a Maria que removeu ceo e terra ata conseguilo", subliña Reyes Carballo, profesora do CEIP Campolongo. "É unha crack. Ten unha enerxía fóra de serie. Non se que imos facer sen ela", lamenta a profesora.

Carballo conta que xa en Nadal o alumnado levou de casa botellas partidas pola metade que decoraron para a ocasión. En total, 327 botellas colgan xa da parede do patio convertidas en divertidos maceteros. 

Esta semana, os membros da Anpa furaron todas as botellas e colocáronas na parede do patio e na mañá do martes os pequenos plantaron as distintas especies que levaron das súas casas. Na actividade participaron ademais dúas técnicas da Estación Fitopatolóxica do Areeiro explicaron aos alumnos e alumnas a forma de facelo e deron algunhas recomendacións. 

Alumnado do CEIP Campolongo durante a confección dun xardín vertical no patio do centro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Alumnado do CEIP Campolongo durante a confección dun xardín vertical no patio do centro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

"O obxectivo era recuperar o xardín, pero tamén traballar cos nenos a reciclaxe do plástico.  Que saiban que se pode reutilizar, darlle outra vida, e este mércores ademais había outra erre, a de responsabilizarse dunha planta", indica esta profesora de Campolongo.

Caléndulas, cristantemos, helechos, tulipanes, pensamentos, margaridas, prímulas ou geranios son só algunhas das plantas que protagonizan o xardín vertical do colexio. Durante a súa confección os nenos e nenas aprenderon que hai que enterrar ben a planta, facilitar o drenaxe, así como a importancia de botarlle abono, de colocar ben as cordas de maneira que a botella quede estable, ou de strong <>regalas regularmente. 

Comentarios