Choiva de críticas á Ordenanza de Tráfico

O concelleiro de Urbanismo, César Mosquera, rexeita os reproches e aboga polos "beneficios" que o edicto supón "para toda a cidade"
Quique Pérez, voceiro da asociación Pedaladas (esquerda), e César Mosquera, concelleiro de Urbanismo (dereita). GONZALO GARCÍA/D.P.
photo_camera Quique Pérez, voceiro da asociación Pedaladas (esquerda), e César Mosquera, concelleiro de Urbanismo (dereita). GONZALO GARCÍA/D.P.

A nova Ordenanza de Mobilidade e Utilización dos Espazos Públicos, que entrará en vigor o próximo mes de outubro, encendeu o debate na Boa Vila. O texto, que derrogará a normativa de 1989, suporá un cambio total no modelo de mobilidade municipal de Pontevedra, priorizando o carácter peonil da cidade e, por tanto, dos desprazamentos a pé. A definitiva implantación das normas contidas nesta ordenanza acabou por suscitar o malestar social entre colectivos de ciclistas, autónomos e usuarios de vehículos de mobilidade persoal (VMP). Síntense "perxudicados" e reclaman ao Concello "diálogo e consenso", ante a que consideran que é unha lexislación "restrictiva" e que "solo beneficia al peatón". Pola outra banda, o concelleiro de Urbanismo, César Mosquera, defende "o carácter positivo" que ten a norma para estes usuarios, pois "permite circular" por zonas que a vixente Lei de Tráfico "califica de uso estrictamente peonil".

A nova lexislación do tráfico pontevedrés, que se levará a plen oen setembro, poderá entrar en vigo no próximo mes de outubro

Diego Andrés é un mozo pontevedrés de 23 anos que emprega a bicicleta no seu día a día, "porque es el medio de transporte que más favorece la movilidad sostenible", afirma. O seu descontento coa nova Ordenanza de Mobilidade reside na "falta de infraestructura ciclista que existe en Pontevedra", pois pensa que "para restringir el paso de las bicis, lo primero es dotar a la ciudad de recursos viarios adaptados a los usuarios de estos transportes". Na súa opinión, "el hecho de que ahora sólo se permita circular por las carreteras va a echar atrás a mucho novatos, que no se sentirán seguros conduciendo al lado de los automóviles, provocando un descenso de usuarios de la bici en los próximos meses". Para Diego, a Ordeanza de Mobilidade Sostible "deja de ser sostenible cuando se perjudica a uno de los transportes más respetuoso con el medio ambiente, restringiendo la circulación en lugar de favorecer la correcta convivencia entre peatones y ciclistas".

Diego Andrés, ciclista: "Es necesario ampliar la infraestructura ciclista que existe en Pontevedra, antes de restringir el uso de las bicis"

Do mesmo xeito, José Pérez, estudante de Máster, da conta da inseguridade de ir aparexados aos coches. "Yo solía ir a la universidad en bicicleta, pero ahora me echa para atrás la idea de tener que compartir carril con los automóviles", declara. Ademais, a reducción na velocidade de circulación a dez quilómetros por hora nas áreas de plataforma única, suscita dudas ao estudante "está bien que esta reducción se aplique a los coches, pero pienso que para las bicis puede ser un riesgo a la hora de lograr mantener la estabilidad en la marcha", afirma.

Paulo Franco, usuario de patinete eléctrico, resalta a importancia de "tomar conciencia" á hora de conducir estos vehículos por vías peonís. "Es importante entender que un patinete eléctrico no es un juguete, sino un nuevo modelo de transporte que entraña también peligros". O mozo estima "necesaria una regulación", pero demanda "medidas de protección no solo para los peatones, sino también para o resto de vehículos". "El Concello debería estudiar las dimensiones y potencia de los patinetes, para regular según las características de cada uno", reflexiona.

Colectivos, coma as asociacións, tamén alzan a súa voz contra as novas medidas de mobilidade. Quique Pérez, voceiro de Pedaladas, considera que os fallos da normativa "no están en lo que contiene, sino en lo que falta por incluir". Pérez lamenta que as alegacións de Pedalas "no fueran tenidas en cuenta por el Concello", xa que incluían "medidas de mayor protección para los usuarios de las bicis". Dende o colectivo ven coma "un fracaso" a decisión, que inclúe a ordenanza, de "equiparar la bicicleta al vehículo a motor", e recalcan "la necesidad de adecuar la norma municipal a la que tienen grandes ciudades progresistas como Madrid o Barcelona, permitiendo a los ciclistas circular por el centro de los carriles, manteniendo una distancia de separación trasera de cinco metros entre el automóvil y la bici o concediendo preferencia en semáforos y cruces", explica.

Quique Pérez, voceiro de Pedaladas: "Una normativa que equipara las bicicletas con los vehículos a motor es un claro sinónimo de fracaso"

Outra das entidades que tamén amosou, dende o primeiro borrador da ordenanza, o seu descontento coa norma foi Amizade. A asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra esixe ao Concello retirar a limitación de tempo de uso das prazas reservadas para as personas con diversidade funcional.

RESPOSTAS. Mosquera responde a estas reclamacións alegando "que a ordenanza non restrinxe, só limita certos comportamentos que non son seguros para os peóns". O concelleiro explica que "a nova lexislación introduciu o concepto de "zonas de preferencia peonil", precísamente para beneficiar ós ciclistas e usuarios de VMR, permitíndolles circular por áreas como o paseo das Corbaceiras ou a Illa das Esculturas, xa que a actual Lei de Tráfico, moito máis restritiva, cataloga estes paseos coma de uso exclusivo para peóns". Para Mosquera o obxetivo da ordenanza é claro  "permitir a libre circulación tanto de vehículos coma de persoas, pero axustando con coherencia as velocidades dos transportes, para evitar expulsar aos peóns da cidade".

O concelleiro referíuse, tamén, ás petición da asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra, Amizade, explicando que "o tempo de uso das prazas para persoas con diversidade funcional xa se ampliou ata as 24 horas". "No podemos concederlles máis horas, pois, ao ocupalas durante tanto tempo, correse o risco de que non haxa ocos libres para outros usuarios". Por último, alegou que "as competencias para o estudo das diferentes tipoloxías de VMP están en máns do Ministerio de Industria e da UE, non do Concello".

César Mosquera, concelleiro: "A ordenanza non restrinxe circular, só limita certos comportamentos perigosos para os peóns"

A FAVOR. Para pechar o debate queda a opinión dos peóns, a maioría dos cales se posicionan a favor da nova ordenanza. As familias con nenos ven a norma "imprescindible" para garantir a seguridade dos seus pequenos nas rúas e, tamén as persoas de idades avanzadas loan a entrada en vigor do texto. "Queremos camiñar con tranquilidade e sen medo", afirmou Manoli, unha pontevedresa da rúa Santa Clara que adoita "por prescipción médica" dar longos paseos pola cidade.

"El boom que experimentaron estos vehículos en muy poco tiempo fue brutal. Considero que son un medio de transporte económico, una buena opción para aquellas personas que no puedan permitirse comprar un coche, además de que muchos cuentan con motores eléctricos, lo que hace que sean respetuosos con el medio ambiente". explica Eduardo Estévez, antigo propietario dun destes vehículos. E é que, para o pontevedrés, "son muchos los beneficios que aportan los VMP", aínda que se mostra a favor "de regularlos" para "garantizar la correcta convivencia con peatones, ciclistas y automoviles", engade,

Á marxe das opinións duns e outros, o que semella seguro é que a normativa será aprobada no próximo Pleno municipal de setembro, cós votos a favor de BNG e PSOE. Queda por saber se o Concello aceptará, ou non, algunha das reivindicacións que, estes colectivos, trasladan á corporación municipal.

A pesar das opinións duns e outros, o que semella seguro é que a normativa será aprobada no próximo pleno municipal de setembro. Queda por saber se o Concello aceptará, ou non, algunha das reivindicacións destes colectivos.

Comentarios