A choiva e o frío están a condicionar a tempada de cogomelos en Pontevedra

Os cogomelos máis habituais na comarca son os boletos, níscalos, cantarelas e garrotas
Una de las especies de cogomelos que se pueden encontrar en los montes de Pontevedra. ADP
photo_camera Una de las especies de cogomelos que se pueden encontrar en los montes de Pontevedra. ADP

As intensas choivas de outubro e o frío dos últimos días están condicionado a tempada micolóxica na comarca de Pontevedra e é que, tal e como recoñece Jaime Blanco, presidente da asociación Brincabois, as condicións óptimas para que se desenvolvan pasan por temperaturas diúrnas de entre 15 e 18 graos.

A pesar de todo, Jaime Branco, recoñece que nos montes pódense atopar boletos, níscalos, cantarelas e garrotas. Estas cogomelos "están ao alcance da inmensa maioría da xente, aínda que non teña ningún tipo de coñecemento. Un afeccionado normal, sen coñecementos especiais, pode chegar a recoller dez especies diferentes sen ningún problema", sinala.

Blanco, que leva 43 anos colleitando cogomelos, aconsella aos afeccionados e ás persoas que queiran saír a recoller fungos que o fagan con "prudencia" e en caso de dúbida "coller o cogomelo enteiro para facilitar a súa identificación. Se non ten dúbida, pode cortala para que os posibles fillos que teña ao redor poidan seguir crecendo".

Á hora de saír ao monte aconsella levar un coitelo ou navalla e un pano para limpar os cogomelos, aínda que recoñece que na maioría das ocasións é necesario utilizar un pano húmido para conseguir retirar toda a terra que teñen.

Jaime Blanco recorda que a asociación Brincabois de Pontevedra ten en marcha ata mediados de decembro un servizo gratuíto de identificación de cogomelos, aínda que "este ano está a acudir pouca xente", sen dúbida porque a tempada non está a ser tan boa "pola choiva e o frío".

Luns e mércores micolóxicos

A asociación micolóxica Brincabois continúa organizando ata mediados de decembro os luns e mércores micolóxicos co obxectivo de axudar a identificar correctamente os cogomelos que recollen os afeccionados. Os luns o servizo de identificación ten lugar entre as 20.30 e as 22.00 horas no Bodegón Arca (Rúa Álvarez Limeses, 9) e os mércores na Tapería Lola A Raíña do Raxo (Avenida de Lugo, 107) tamén entre as 20.30 e 22.00 horas. Ademais este mes continúan celebrando obradoiros micolóxicos para fomentar o uso do galego nos colexios.

Comentarios