sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Os cidadáns alzan a voz na defensa dos dereitos fundamentais

Acto del Día de la Constitución en la Subdelegación del Gobierno de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Acto do Día da Constitución na Subdelegación do Goberno de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Maica Larriba enxalza a Constitución como "o marco xurídico necesario para seguir creando unha sociedade máis libre e igualitaria", aínda que ve necesaria unha reforma puntual dos seus textos

A homenaxe á Constitución que se realiza cada 6 de decembro na Subdelegación cambiou onte o guión habitual para incorporar novos actores. Non se organizou o tradicional viño español, tampouco se impuxeron condecoracións nin recoñecementos... Esta vez tocou unha celebración máis austera, con menos autoridades e cuns invitados que se converteron en protagonistas do evento.

Foron catro cidadáns anónimos, que tomaron a palabra para proclamar a defensa dos dereitos fundamentais. Eses mismso que recolle a Carta Magna e permite crear "unha sociedade cada día máis libre e igualitaria", en palabras de Maica Larriba, subdelegada do Goberno.

Pero antes da súa alocución interviñeron o voluntario de Cruz Vermella de Pontevedra, Juan Manuel Romero, que leu o artigo 10.1; Isabel Martínez, vogal da Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra Alba, que leu o artigo 49; Erasmo Benítez, refuxiado venezolano da Asociación Diversidade-Acolle, que leu o artigo 10.2; e Joshua Alonso Mateo, premio Resiliencia do Ministerio de Igualdade e promotor do concurso de xornalismo Sesé Mateo, que leu o artigo 1.1.

Os cidadáns alzan a voz na defensa dos dereitos fundamentais
comentarios