O CIFP A Xunqueira acolle venres e sábado unhas xornadas sobre a nova FP

A formación terá un carácter presencial e e unha duración de dez horas, homologadas pola Consellería de Educación
Alumnado do CIFP A Xunqueira. R. FARIÑA
photo_camera Alumnado do CIFP A Xunqueira. R. FARIÑA

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Xunqueira de Pontevedra acollerá este venres e o sábado unhas xornadas formativas gratuítas organizadas por UGT baixo o título de Perspectivas da Nova Formación Profesional. A formación terá carácter presencial e unha duración de dez horas, homologadas pola Consellería de Educación e válidas para sexenios, traslados ou oposicións, e todos aqueles que desexen participar deberán inscribirse previamente a través dos contactos [email protected] e 986 85 84 13 (dispoñibles tamén para obter máis información).

O programa das xornadas comeza o venres 10 de decembro ás 17.00 horas co acto de presentación da actividade, que dará paso, a partir das 17.30 horas, a unha exposición, conferencia e coloquio sobre A nova FP a cargo da secretaria xeral de Formación Profesional, Clara Sanz López, e a unha táboa redonda moderada polo ex director xeral de FP, Antonio Vázquez Vázquez, que analizará o estado actual da FP en Galicia e que terá como relatores ao ex director do CIFP de Santiago, José Manuel Leis Blanco; o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo Piñeiro; o director do IES Montecelo, Miguel Carballa González, e o director do IES Frei Martín Sarmiento, David Alvariño Pérez.

Comentarios