A CIG denuncia que o CHOP reserva camas para peonadas pese ao cheo de Urxencias

Afirma que "o único que lle interesa" á Dirección é "maquillar vs datos das listas" mentres fai "peonadas en pleno pico de gripe"

Pacientes, este jueves, en los pasillos de Urxencias. DP
photo_camera Pacientes nos corredores de Urxencias. DP

As queixas expresadas este xoves por parte de profesionais do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) víronse secundadas este xoves por outra denuncia pública, neste caso da CIG.

O sindicato asegurou que a Dirección da EOXI, en contra do que manifestou, "está a reservar camas das peonadas mentres os pacientes que entran por Urxencias esperan por unha".

As peonadas son as operacións cirúrxicas que realiza o persoal sanitario polas tardes, habitualmente, como horas extra.

Segundo a CIG, ao reservar camas para os pacientes desas intervencións, limítanse as que quedan dispoñibles para quen acoden a través de Urxencias. Iso provoca que en momentos de saturación se produzan casos como o da a muller que esta mesma semana pasou dous días nunha padiola en Urxencias por unha cama, segundo fixeron público os propios profesionais do servizo.

"Non entendemos para que serve o protocolo contra a gripe se despois non o cumpren. O único que lles interesa é maquillar os datos das listas de espera facendo peonadas en pleno pico de gripe", lamentou a CIG.

OUTRO DÍA DE SATURACIÓN. De igual xeito, persoal de Urxencias reiterou que este xoves o servizo volveu estar "ata a bandeira" e houbo momentos nos que "non había libre nin unha soa padiola", con pacientes esperando ser trasladados a planta.

Segundo afirmaron, ás seis e media da tarde deste xoves volvía haber quince persoas pendentes de ingreso.

Ante estas críticas, fontes do CHOP afirmaron que se rexistrou un incremento da demanda e que se está atendendo aos pacientes segundo a súa prioridade.

Con todo, nos últimos meses as queixas dos profesionais de Urxencias por mor da saturación do servizo foron moi numerosas.

Os sindicatos tamén aseguran que o plan de continxencia posto en marcha contra a gripe non conseguiu cumprir os obxectivos expostos no seu día pola Dirección do CHOP, o que deu lugar a novas conxestións do servizo.

Comentarios