O Colexio Plurilingüe Calasancio reabre as súas portas o luns

Se reincoporarán todos os cursos excepto cuarto de infantil e o regreso será graduado
El Colegio Calasancio. RAFA FARIÑA
photo_camera O Colexio Calasancio. RAFA FARIÑA

O Colexio Plurilingüe Calasancio reabrirá as súas portas o luns. Tras recibir a autorización de Sanidade e Educación, o centro recuperará a actividade presencial. Reincorporaranse todos os cursos agás as aulas de cuarto de Infantil, cuxos alumnos se someteron ás probas PCR e permanecían en corentena.

O regreso será graduado. é dicir, farano dous cursos cada día. Ademais, o centro volerá a ser desinfectado.

O Calasancio de Pontevedra foi o primeiro colexio en toda Galicia en pechar as súas portas tras detectar oito positivos entre o persoal docente e laboral.

CEIP BARCELOS. En Pontevedra hai outro colexio con casos. É CEIP Barcelos, onde hai dúas aulas en corentena tras detectarse polo menos un caso positivo en cada unha delas. O resto de clases, outras 15, funcionan con normalidade.

Comentarios