viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Comeza a mellora da Edar de Os Praceres, á espera da súa ampliación

O inicio das obras na Edar dos Praceres. GONZALO GARCÍA
O inicio das obras na Edar dos Praceres. GONZALO GARCÍA
A reforma, que non estará lista ata 2022, custará 12,9 millóns de euros e permitirá eludir as sancións da UE

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, iniciou as obras de mellora da depuradora de Os Praceres. A reforma restablecerá a curto prazo a depuración das augas residuais dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín e Vilaboa para cumprir coas directivas ambientais europeas e evitar unha sanción económica que a Unión Europea imporía se non se mellora o estado da ría de Pontevedra. Ademais, forman parte do Plan de Saneamento local, segundo a Consellería, elaborado "tras unha exhaustiva análise do actual sistema que foi dialogado cos concellos e os mariscadores da ría".

O proxecto completarase co novo emisario submarino

A actuación conta cun orzamento de 12,9 millóns de euros e un prazo de execución de 24 meses, doce para a reforma e outros doce para a súa posta en marcha a cargo da empresa Acciona Construción S.A. & Acciona Auga S.A.

A intervención tamén contempla a remodelación do tratamento secundario existente, para garantir a correcta depuración de ata 900 litros por segundo de auga residual. A posible solución consiste na modificación do reactor biolóxico existente para dispor dun tratamento d leito móbil e unha posterior clarificación das augas mediante un proceso físico-químico con lastrado por microarena. Ademais, a Consellería indicou que se eampliará a liña de lodo para ter en conta as novas achegas e realizaranse unha serie de actuacións previas para manter o funcionamento da depuradora durante as obras.

Esta serie de traballos poden subdividirse en cinco categorías: as actuacións previas, a conversión dos reactores biolóxicos a leito móbil, a implantación dunha etapa de clarificación das augas depuradas, a reforma do edificio de control, e a de liña de tratamento de lodos secundarios.

A continuación, o proxecto completarase coa construción dun novo emisario submarino, que permitiría unha mellor devolución das augas limpas á ría, cumprindo así os compromisos coa Unión Europea. Este contrato foi adxudicado a principios de xullo á empresa Copasa por un importe superior aos 10,1 millóns de euros.

A UE imporía unha multa se non se mellora o estado da ría

Tras a construción do novo emisario, o proxecto da Xunta ten o obxectivo de levar a cabo a ampliación da depuradora, pero este plan, que rexeitan os veciños e ao que tamén se opón o Concello de Pontevedra, aínda se atopa en fase de tramitación ambiental e suporía un investimento global de 50 millóns de euros.

Dita ampliación da Edar faríase cara ás balsas de decantación que a pasteira ten en Lourizán. Ademais, a obra que expón o goberno autonómico inclúe un plan de integración paisaxística para reducir o seu impacto visual, mediante o que se urbanizaría a zona e construiríase un campo de fútbol.

Comeza a mellora da Edar de Os Praceres, á espera da súa ampliación
comentarios