Comeza o proxecto de renovación do parque infantil da rúa Bélxica

As obras contemplan a revisión do estado de conservación do peche perimetral, a substitución de parte do pavimento e o arranxo dos xogos que se atopan en malas condicións polo uso
Parque infatil da rúa Bélxica. DP
photo_camera Parque infatil da rúa Bélxica. DP

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe o socialista Iván Puentes, levará a cabo durante as vindeiras semanas unha serie de actuacións destinadas a renovar as instalacións do parque infantil situado na rúa Bélxica, no barrio de Monte Porreiro.

O proxecto deseñado pola Oficina Técnica de Arquitectura e Planeamento do Concello de Pontevedra contempla a revisión do estado de conservación do peche perimetral, a substitución de parte do pavimento e o arranxo dos xogos que se atopan en malas condicións polo uso.

Estes labores suporán un investimento de 2.795,44 euros por parte da Administración municipal e desenvolveranse nunha área de lecer “moi concurrida polas nenas e nenos do barrio de Monte Porreiro”. “Trátase dun parque infantil dun tamaño considerable -explica o edil do PSOE-, dotado de dúas grandes estruturas multixogos, catro tobogáns (dous deles mini), bambáns, dous resortes, unha randeeira-pendulo en forma de cesto, escaleiras e obstáculos de diversa dificultade, dous bancos e dúas papeleiras”.

Puentes considera que, en paralelo á creación de novas zonas de xogos naqueles barrios da cidade que as demanden. 

Comentarios