Comezan as probas de iluminación na Ponte do Burgo

A obra debe estar rematada o 31 de xullo para a súa recepción administrativa
Proba de iluminacion na Ponte do Burgo
photo_camera Proba de iluminacion na Ponte do Burgo. CONCELLO DE PONTEVEDRA

A Ponte do Burgo inicia o tramo final das obras coas primeiras probas de iluminación. Durante a noite do xoves levouse a cabo a primeira do taboleiro que está inxectado de distintos puntos de luz amosando o Camiño de Santiago.

No ensaio estivo presente o concelleiro de Obras urbanas, Demetrio González, que confirmou o 31 de xullo como data límite para finalizar os traballos na Ponte. A recepción oficial da obra producirase o mesmo día.

Actualmente só está pendente de rematar a instalación da iluminación que xa está colocada no taboleiro central e nun dos laterais. Nas dúas vindeiras semanas a empresa Setga, adxudicataria da nova iluminación, rematará os traballos restantes para a entrega definitiva da obra, que está financiada polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Comentarios