O Concello di que o plan 'Composta' logra en 2 semanas o 25% do obxectivo marcado para final de ano

O edil Raimundo González destacou o forte interese veciñal por participar no programa.
Un usuario usa o caldeiro marrón.DP
photo_camera Un usuario utiliza o caldeiro marrón.DP

O programa do Concello de recollida de biorresiduos a través de colectores Composta, ten un funcionamento “moi positivo pola cantidade de biorresiduos que se recolle, pola calidade do compostaxe e polo número de usuarios adheridos”, segundo explicou esta mañá o concelleiro responsable da xestión de Residuos, Raimundo González, que avanzou que en só 2 semanas acadouse o 25% do obxectivo que se tiña para final de ano, tendo en conta que a previsión da Concellaría é compostar unhas 2.000 toneladas ao ano. "De seguir a este ritmo, estaríamos acadando o obxectivo previsto para final de ano dentro de dous meses e medio, aproximadamente", concluía González.

O programa ten a día de hoxe 501 usuarios adheridos, dos cales 201 son produtores singulares (froiterías, supermercados, restaurantes…) e 300 son pequenos productores, fundamentalmente domicilios. A data de onte estaban entregados 400 cubos ou colectores de distintos tamaños, xa que están pendentes de entrega un tercio dos domicilios dado que nas primeiras visitas non se achegan os caldeiros.

As visitas e as entregas continuarán ao longo deste mes, de agosto e setembro, así como o reparto dos polípticos informativos nas vivendas da ruta na que se implanta o sistema de recollida de biorresiduos en colector marrón.

Traslado a planta de compostaxe

Segundo os datos que ofreceu este xoves Raimundo González, a empresa Cespa, encargada deste novo servizo municipal, está levando un camión semanal á planta de Compost Galicia, situada no concello ourensán de Leiro.

A produción de residuos orgánicos foi evolucionando ao longo dos días. Nos primeiros días era duns 400 quilos por día, e o mércores xa se recolleron 1.300 quilos nun día.

O concelleiro afirmou que se trata “dun mogollón porque nós tiñamos como obxectivo achegarnos ás 2.000 toneladas ano, é dicir, unhas 6 toneladas día. E cos datos que temos, xa chegamos practicamente ao 25% o obxectivo en 2 semanas. E de ir neste ritmo, estamos acadando o obxectivo previsto para final de ano en dous meses”.

O programa Composta en colector marrón está a ter "unha acollida extraordinaria con uns resultados mellores do agardado porque nos estamos movendo nunha situación adversa coa Covid-19 e estamos no verán”, explicaba Raimundo González, e a pesar desta situación “os resultados están sendo positivos e mellor do agardado".

Son moitas as peticións que chegan ao Concello e á empresa prestadora do servizo para solicitar participar no programa a través da páxina web, redes sociais, por escritos e, incluso, por chamadas telefónicas.

Ante esta boa resposta, González concluíu que "a xente está moi concienciada", por iso quixo facer un Composte que se sumaron e se están a sumar a este proxecto e ao elevado grao de concienciación sobre a protección do medio.

Comentarios