A compostelá Eva Alonso, nova directora de Culturgal

A nova direccion porase ao choio para a feira, que celebrará a súa décimo quinta edición entre o 25 e o 27 de novembro
Eva Alonso, nueva directora de Culturgal. EP
photo_camera Eva Alonso, nueva directora de Culturgal. EP

Eva Alonso (Santiago de Compostela, 1982) é a persoa seleccionada como nova directora da feira das industrias culturais Culturgal. 

A directiva da Feira, con representantes da Asociación Galega de Editoras, AGEM, Agapi, Escena Galega e Eganet, seleccionou o proxecto da produtora comol "máis apropiado para a etapa de renovación" do modelo feiral. 

Cunha extensa experiencia na produción, tanto nas artes escénicas como no audiovisual, desde hai dúas décadas, a nova directora do Culturgal é, ademais, socia da empresa cultural Chiripa e responsable de varios documentais. 

Coa incorporación da nova dirección, a edición de 2022 da feira ponse en movemento para desenvolver, durante o verán, as diferentes liñas de traballo. 

A cita anual da cultura galega celebrará a súa 15 edición en 2022, e será do 25 ao 27 de novembro en Pontevedra.