lunes. 23.11.2020 |
El tiempo
lunes. 23.11.2020
El tiempo

Os comuneiros de Lourizán denuncian múltiples verteduras nos seus montes

Captura do vídeo protesta. YOUTUBE
Captura do vídeo protesta. YOUTUBE
O colectivo realizou un vídeo xunto coa canle de divulgación Savia Nova para protestar pola situación

A Comunidade de Montes de Lourizán e a canle de divulgación ambiental Savia Nova denunciaron este venres presencia de varias verteduras incontroladas situados en diversos puntos das parroquias de Lourizán e Salcedo, un problema que "ocorre tamén noutros lugares", segundo explica Iván Pérez, presidente do citado colectivo.

"Trátase de verteduras ilegais e reiteradas en diferentes puntos da nosa contorna e nos que se poden atopar restos de obra, xardinería, aparellos electrónicos. mobiliario e restos de vehículos", engade Pérez.

Entre outros puntos, acharon verteduras nas inmediacións da vía rápida que conduce ás praias de Bueu, por exemplo, ou na zona do campo de fútbol de Salcedo. Os comuneiros denunciarán os feitos ante as autoridades competentes.

Os comuneiros de Lourizán denuncian múltiples verteduras nos seus...
comentarios