Incrementada a oferta do programa de Rutas Saudables de Pontevedra ante a gran demanda

A concellería de Deportes informa de que actualmente hai 20 participantes nos catro grupos
Unas mujeres en la ruta saúdable.DP
photo_camera Unhas mulleres, nunha ruta saúdable.DP

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) e a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde puxeron en marcha o pasado 12 de abril o programa Rutas Saudables.

As saídas repartiranse en tres quendas, o luns ás 11.00 horas, os mércores ás 17,00 e os xoves ás 11,00.

O éxito de inscricións na iniciativa, nada co obxectivo de combater o sedentarismo en tódalas franxas de idade a través de camiñadas semanais ao aire libre polo contorno da Xunqueira de Alba, levou a incrementar esta oferta inicial cun novo grupo, con saídas programadas os xoves pola tarde.

Asemade, segundo explica o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "o pasado mércores comezaron a colaborar nas Rutas os alumnos e alumnas do Ciclo Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Lourizán, que continuarán a botar unha man durante as tres vindeiras semanas, cada semana cun alumno ou alumna distintos".

O edil do PSOE lembra que, por mor da situación sanitaria, "os grupos están conformados por un máximo de 5 persoas, máis un voluntario ou voluntaria que fai de guía no itinerario". "Agora mesmo temos un total de 20 participantes nos catro grupos, cinco en cada un deles, a meirande parte deles mulleres, con rangos de idade que van dos 33 aos 78 anos, o que pon de manifesto a necesidade de que se implementen este tipo de actividades", asegura Fernández.

Comentarios