viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

O Concello abrirá este mes o prazo para pedir axudas para equipos informáticos

RAFA Tino Fernandez explica a las ANPA de colegios e institutos las ayudas para ordenadores del Plan Supera. Sala de juntas del Concello.
Tino Fernández e Anabel Gulías, na reunión telemática coas Anpa. RAFA FARIÑA
As subvencións desta liña do Plan Supera 21 serán dun máximo de 400 euros por ordenador e de 2.000 euros por núcleo familiar

Co borrador de bases reguladoras das axudas practicamente ultimado e o obxectivo de que poida levarse a Xunta de Goberno Local nas vindeiras semanas, o Concello de Pontevedra agarda abrir ao longo deste mes o prazo de presentación de solicitudes da liña de subvencións do Plan Supera 21 para a adquisición de equipos informáticos.

Os ordenadores obxecto de subvención deberán terse mercado despois do 14 de marzo de 2020 e antes do 31 de decembro de 2021, e que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 

Así llelo transmitiron este mércores aos representantes das Asociacións de Nais e Pais (Anpa) dos centros educativos da cidade o tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, nunha reunión telemática que serviu para explicarlles os requisitos das axudas, destinadas a financiar as compras de ordenadores portátiles e de sobremesa para os alumnos/as de colexios e institutos (menores de 18 anos). 

Esta liña de subvencións está dotada dunha achega económica inicial de 400.000 euros, pero esta cifra poderá incrementarse en 50.000 euros máis no caso de que haxa lista de agarda, asegurando así que ningunha solicitude que cumpra os requisitos quede fóra

As subvencións serán dun máximo de 400 euros por equipo informático e de 2.000 euros por núcleo familiar, sendo a renda per cápita da unidade familiar de convivencia o criterio que servirá para determinar a orde de preferencia das peticións. 

Entre os requisitos para acceder ás mesmas inclúense os de que a unidade familiar de convivencia estea empadroada no concello de Pontevedra; que o solicitante conviva cos alumnos para os que se pide a axuda, e que os rapaces estean matriculados no curso 2020- 2021 en Educación Primaria, ESO, Bacharelato, FP Básica, FP de Grao Medio ou Educación Especial nun centro docente sostido con fondos públicos.

O Concello abrirá este mes o prazo para pedir axudas para equipos...
comentarios
ç