sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

O Concello aproba sacar a concurso 28 novas prazas de emprego público

Anabel Gulias. BEATRIZ CÍSCAR
Anabel Gulías. BEATRIZ CÍSCAR (ADP)
Vinte destes postos serán de acceso libre, namentres outros oito estarán destinados a promoción interna

O Concello de Pontevedra sacará a concurso 28 novas prazas de emprego público este ano 2021. Foi un dos asuntos tratados e aprobados na Xunta de Goberno deste luns, e dos que deu conta a portavoz do Goberno, Anabel Gulías. Do total das prazas, 20 serán de libre acceso e e 8 estarán destinadas para promoción interna.

"Trátase dun adianto da totalidade da oferta pública para o 2021, que se complementará con outra oferta, máis adiante, unha vez a Concellaría de Persoal do Concello de Pontevedra ultime os últimos detalles, amosando a súa aposta firme por modernizar a Administración, dotándoa de recursos humanos eficientes e eficaces", explicou Gulías.

As 28 prazas escollidas para a súa saída pública son as seguintes:

Escala de Administración Xeral

  • 1 Técnico A1 de oposición libre (L)
  • 6 Administrativos (5 promoción interna (P) e 1L)
  • 2 Auxiliares (1L e 1P)
  • 4 Subalternos (L, mais tres das prazas irán destinadas a persoas con diversidade
  • funcional, "era un compromiso deste mandato", tal e como sinalou a portavoz, "crear
  • este tipo de postos especiais na medida das nosas posibilidades")

Escala de Administración Especial

  • 1 Técnico de Infraestruturas culturais (L)
  • 2 Aparelladores-Arquitectos Técnicos (2L)
  • 1 Inspector (P)
  • 1 Oficial de Policía Local (Mobilidade Horizontal, cuberta por axentes doutros Concellos)
  • 5 Policías (5L, fará o proceso de selección a Academia Galega de Seguridade)
  • 2 Sepultureiros (1L, 1P)
  • 3 Operarios (3L)

O Concello aproba sacar a concurso 28 novas prazas de emprego público
comentarios
ç