Con data 22 de febreiro de 2021, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria pública para a regulación da liña de subvencións ás ANPA que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2020/2021.
Na práctica, o Concello achegará un total de 23.399,57 euros, repartidos entre 14 agrupacións do eido local. As axudas económicas están xustificadas a través das accións realizadas polas ANPA, que inclúen todas as facetas consideradas de interese educativo, tales como a promoción do deporte, a ocupación do tempo libre ou a promoción da cultura en todas as súas formas.
A continuación, tes un cadro con todas as achegas aprobadas, de xeito individual e por entidade, amais do proxecto realizado: