O Concello concede a licenza de construción da residencia de maiores de Domusvi

O edificio terá baixo e seis plantas, unha terraza e un horto urbano ► A previsión é que cre 65 novos empregos
Javi Necesitaba una foto del viejo cuartel de la Guardia Civil en Loureiro Crespo. De la parte de atras, el camino que hay entre la Iglesia y el antiguo cuartel. Se va a demoler un anexo al cuartel y la residencia de mayores tendra la entrada por esta pista.
photo_camera Zona na que vai ser construída a residencia. JAVIER CERVERA

A Xunta de Goberno local celebrada esta mañá outorgou a esperada licenza de construción e acondicionamento da residencia de maiores que a empresa Domusvi proxecta en Pontevedra, concretamente na antiga Comandancia e a Garda Civil en Loureiro Crespo.

Con este trámite a firma xeriátrica xa podería empezar os traballos, subliñou a portavoz do Goberno local, Anabel Gulías, quen destacou que esta obra contribuirá a que o barrio gañe en calidade de vida.

O proxecto, valorado en 7,8 millóns de euros, contempla a construción dun centro de maiores con 118 prazas. O edificio terá baixo e seis plantas, unha terraza e un horto urbano. A previsión é que cre 65 novos empregos.

Comentarios