O Concello e Hoempo dan a coñecer os 18 locais participantes en PonteAlmorzo. 

Os amantes da primeira comida do día xa poden coñecer ademais a composición dos menús que poderán degustar neste certame, que se celebrará entre os días 6 e 15 de maio
Presentación de PonteAlmorzo en el Concello de Pontevedra. CEDIDA
photo_camera Presentación de PonteAlmorzo no Concello de Pontevedra. CEDIDA

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blancou, e a Asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo) acaban de dar a coñecer os nomes da vintena de establecementos de hostalería que participarán entre os días 6 e 15 de maio na primeira edición de PonteAlmorzo. Os amantes da primeira comida do día xa poden coñecer ademais a composición dos menús que poderán degustar neste certame, impulsado no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro e deseñado para pór en valor, promocionar e dinamizar o traballo das cafeterías e bares que ofrecen almorzos a diario.

A lista de establecementos que aspiran a obter o galardón de em <>Mellor Almorzo de Pontevedra 2022 (premiado cunha placa conmemorativa e unha masterclass) e a descrición dos almorzos ofertados (todos eles por un prezo de 4 euros) é a seguinte:

  1. Cartel da iniciativa PonteAlmorzo. CEDIDA
    Cartel da iniciativa PonteAlmorzo. CEDIDA
    Café Moderno (Praza de San Xosé, 3): Café ou infusión, bocadillo de xamón serrano con puré de tomate quente e zume natural.
  2. Café bar Chalo (Joaquín Costa, 42, baixo): Sándwich de avena, zume e café ou infusións.
  3. Mamá Sofía Panadería Degustación (San Antoniño, 83): Zume de froitas natural, tostada de tomate natural  triturado con nbsp;aguacate &+ café con leite.
  4. O Patio Kinder Bar (Virxe do Camiño, 11, baixo): Café ou infusión, zume de laranxa natural e  mini tostada de tomate,  aguacate e sementes de liño,  chía e sésamo. 
  5. Café Bar Lelé 2 (Fernando  Olmedo, 5): Café ou infusión, zume natural de laranxa, churro e tosta de serrano con aceite.
  6. A Boa Vida (Branco Porto, 4): Café grande, zume laranxa natural, bizcocho e tosta de tomate con xamón e aceite de nbsp;alfábega &ao toque allo negro.
  7. Cafetería Sonata (Peregrina, 66): Café, cola cao ou infusión. Zume de laranxa e fresa natural, froita fresca, tostada de nbsp;espelta &de xamón ibérico e doce do día.
  8. Café bar 33 (Rosalía de Castro, 78): Café, cola cao ou infusión con zume natural,  macedonia, petisco de tortilla e doce do día.
  9. Adega dous Avós (Gutiérrez Mellado, 6, baixo): Café,  gazpacho de fresa, ovo duro, pan de galiña recheo e torta de queixo.
  10. Piada Romagnola (García Camba, 2): Café con leite, zume e opción de nbsp;piada &salgada ou doce a elixir.
  11. Lulo Gastrobar (Joaquín Costa, 14): Café cremoso con chocolate fundido e cacahuete. Lulada valluna e hotcake asiático.
  12. Cervexería Lola (José Casal): Café + zume de laranxa + bizcocho + petisco pantumaca + minitosta con marmelada.
  13. O Doce de Leite Alameda (Marqués de Riestra, 35): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous  minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite,  aguacate e sementes variadas.
  14. O Doce de Leite Raíña Vitoria (Raíña Vitoria, 5): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous  minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite,  aguacate e sementes variadas.
  15. Vía Nai (Isabel II, 22): Café blend Vía Nai elaborado en V60, limonada, bizcocho húmido de chocolate e ovos á cazuela con bacon, cebollino e sal de nbsp;Eivissa.&
  16. O Cafetín (parque da Alameda): Café de améndoa, tosta de millo con nbsp;aguacate &e tomate aliñado, zume Vital e  mini croissant con marmelada de arándanos.
  17. Moi Bo (Michelena, 34): Bebida quente composta de café. Bebida fría de zume de froitas. Petisco doce (mini croissant). Petisco salgado composto por queixo, aguacate, xamón serrano, tomate e aceite de oliva.
  18. Cafetería Bachata (Eduardo Pondal, 40): Café, zume, tostadas ou croissant artesán.

A Concellaría de Promoción Económica sorteará tres premios de 100 euros para gastar nos locais participantes entre o público que deposite os seus valoracións nas urnas que quedarán instaladas nos locais participantes.

Comentarios