domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

As recomendacións do Concello para os veciños que decidan nadar no Lérez

Praia fluvial do Lérez. RAFA FARIÑA
Praia fluvial do Lérez. RAFA FARIÑA

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra realizou unha serie de recomendacións para aqueles veciños que decidan nadar no río Lérez durante as horas nas que o Goberno permite saír da casa para facer deporte a partir deste sábado:

  • Empregar traxe de neopreno. 
  • Nadar sempre pegados á beira Sur (á que está no lado da praia fluvial e o barrio
  • de Monte Porreiro), deixando o centro do río para piraguas e botes de remo. 
  • Utilizar gorro de baño de cor chamativa e boia de natación en augas abertas. 
  • Preferiblemente, ir acompañados por terra dalguén que poida vixiar a proximidade de piraguas e avisar no caso de que sexa preciso. 
  • Saír a nadar dende a praia fluvial. 

As recomendacións do Concello para os veciños que decidan nadar no...
comentarios
ç