O Concello de Pontevedra enviará unha notificación a Naturgy e á Consellería de Industria para reclamarlles que a rede eléctrica da cidade estea en perfecto estado, dados os cortes de luz rexistrados a semana tanto en zonas urbanas como rurais.
A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, explicou que ademais dos dous cortes que se deron no centro da cidade e que a propia empresa recoñeceu, a adminitración local tivo constancia doutros cortes, como en cale Abundancia ou Eduardo Pondal, entre outras.