O Concello ordena a suspensión da construción do edificio lindeiro ao colexio de Barcelos

Sinalan que está a interferir no centro de ensino, especialmente na zona onde está o ximnasio
Una imagen de las obras. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Una imagen de las obras. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Pontevedra vén de acordar a suspensión das obras de construción do edificio lindeiro ao colexio de Barcelos <>porque está a interferir no centro de ensino, especialmente na zona onde está situado do ximnasio, segundo explicou esta mañá o concelleiro de Educación, Demetrio Gómez. Así o acaba de determinar o departamento de arquitectura municipal nun informe realizado logo da visita cursada este xoves á obra. 

Na notificación do departamento de disciplina urbanística do Concello ao promotor da obra acórdase "adoptar medidas urxentes de seguridade para garantir a estabilidade dos terreos nos que se asenta os inmobles lindeiros", e os promotores deberán achegar no prazo de 24 horas un documento técnico no que se indiquen as medidas inmediatas que se van a adoptar para impedir que as escavacións realizadas e os muros que xa se executaron produzan alteracións do terreo sobre os que se asenta o inmoble. Deberán adoptar medidas que garantan a estabilidade do terreo na esquina na que se sitúa o ximnasio. 

Ademais, en strong <>o prazo de 5 días, deberán entregar un informe técnico no que se revise a solución que se está empregando na escavación e execución dos muros dos sotos, e valórese a solución técnica máis adecuada para poder continuar coa obra. Mentres non se entregue este informe, paralízase toda a escavación da parcela agás que teña que ver coas medidas de solución do problema.
 

Comentarios