O Concello de Pontevedra instala novos colectores no centro histórico

Sustituíronse 15 que xa tiñan esgotada a súa vida útil 
Novos colectores instalados no centro histórico de Pontevedra. CONCELLO
photo_camera Novos colectores instalados no centro histórico de Pontevedra. CONCELLO

A Concellaría de xestión dos residuos urbanos, que dirixe Raimundo González Carballo, vén de renovar parte do parque de colectores de carga frontal que dá servizo ao centro histórico.

Esta medida, que se complementará con outra substitución na zona periurbana no vindeiro mes, "pretende acompasar a unha sociedade cada vez máis esixente no tratamento dos residuos urbanos e seguir a senda marcada polo programa Efecto PO2 de posicionamento da cidade que centrará a acción municipal no presente mandato", apunta o Concello nun comunicado.

O goberno local, a través da empresa concesionaria Ferrovial Servizos, instalou 15 novos colectores en distintos puntos da zona monumental substituíndo a outros que tiñan esgotada a súa vida útil.

Esta substitución continuará no mes de novembro coa instalación doutros 10 novos colectores de carga frontal no ámbito periurbano.

Comentarios