O Concello recibe 100 comunicacións de particulares para as fogueiras en San Xoán

Só se autorizan en espazos particulares nos que se garantan as medidas sanitarias vixentes
Un gaiteiro ante una hoguera particular en Lugo. ELISEO TRIGO
photo_camera Unha fogueira en San Xoán. ARQUIVO

O Concello de Pontevedra vén de pechar o prazo para presentar comunicación para a celebración de fogueiras de San Xoán en espazos particulares, e faino tras recibir 100 solicitudes presentadas polas tres vías habilitadas. É dicir, pola sede electrónica, no rexistro xeral do Concello e presencialmente na Policía Local. 

Como o ano pasado, a pandemia levou ao Concello a non autorizar fogueiras comunitarias que empreguen o espazo público ao entender que "aínda non se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade habituais destas celebracións". 

Para as fogueiras en espazos particulares, mantéñense os protocolos de anos anteriores sobre a seguridade e esixirase que se garantan as medidas sanitarias establecidas pola Xunta.

Comentarios