O Concello recibe 580 solicitudes de axudas para a compra de computadores en dez días

O prazo para facerse cunha das subvencións permanecerá aberto ata o 19 de maio 
Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA
photo_camera Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA

Un "éxito". Así tacharon este xoves no Concello a participación da cidadanía na liña de axudas para a compra de computadores, incluídas no Plan Supera. En tan só dez días recibíronse 580 solicitudes. O prazo para acceder a estas subvencións terminará o 19 de maio.

Para unha mellor organización, a Concellería de Promoción da Cidade, que dirixe Anabel Gulías, acaba de habilitar un teléfono único para resolver dúbidas: 986 80 43 21. O terminal terá capacidade para recibir distintas chamadas, polo que será atendido por varias operadoras.

Se as familias interesadas optan por resolver as dúbidas de forma presencial, deberán solicitar a súa cita previa a través de Internet no enlace citaprevia.pontevedra.gal ou ben a través do teléfono automático 886 405 153, escollendo a opción Oficina Plan Supera 21.

As axudas, dun máximo de 400 euros por equipo informático, están destinadas a familias de Pontevedra con menores escolarizados que adquiran equipos informáticos a partir do 14 de marzo de 2020. A partida orzamentaria ascende a 400.000 euros.

Comentarios