O Concello de Pontevedra reforza o persoal no verán

Avanza nos procesos selectivos en marcha, con 22 prazas
Apertura de oficinas do Padrón e Rexistro na Casa da Luz
photo_camera Oficinas na Casa da Luz. ARQUIVO

O Concello de Pontevedra realizou desde o inicio do verán unha serie de "reforzos" no cadro do persoal municipal, coincidindo coa recuperación da atención presencial tras o estado de alarma. Así as cousas, o goberno municipal asegura que hai 18 prazas cubertas ou en trámite.

Segundo apunta nun comunicado, o obxectivo é dar resposta á situación xurdida coa pandemia, "mellorando e axilizando a atención ao público", e reforzar as áreas e servizos nos que foi preciso cubrir baixas, dar resposta á acumulación de tarefas ou implementar programas temporais especiais. 

O Concello asegura que tamén se está avanzando en varios procesos selectivos, con 22 prazas. Son seis procesos, en distinto estado de tramitación, con postos de subalterno, administrativo, bombeiro condutor ou traballador social, entre outros. Os máis avanzados comezarán as probas selectivas este mes ou o próximo.

Comentarios