viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

O Concello de Pontevedra tramita a licenza dunha residencia privada na Parda

Edificio do Liceo Recreativo de Estribela. J. CERVERA-MERCADILLO
Edificio do Liceo Recreativo de Estribela. J. CERVERA-MERCADILLO
O edificio estará situado na rúa Diego Sarmiento Acuña e contará cun total de 150 prazas e 132 habitacións

A actividade urbanística da Boa Vila non perdeu o ritmo durante o confinamento. O Concello de Pontevedra anunciou este mércores que tramita unha serie de licenzas de obra, entre as que destaca a construción dunha residencia privada para persoas da terceira idade no barrio de A Parda.

O edificio, segundo indicou Xaquín Modera, concelleiro de urbanismo, "estará situado non cruzamento da rúa Diego Sarmiento Acuña coa Rúa da Abundancia, xusto enfronte da escola infantil". En canto ao número de residentes cos que contará a infraestrutura, o edil explicou que "contabilízanse un total de 150 prazas en 132 habitacións, repartidas en 114 simples e 18 dobres". Moreda aclarou que "este proxecto é totalmente independente ao que baralla contruír a Xunta neste mesmo barrio da cidade".

Outras das licenzas máis destacadas que anunciou o concelleiro "son a reconversión do antigo Liceo Recreativo de Estribela nunha Escola Superior de Danza e a construción dun edificio de 100 vivendas na Rúa de Eduardo Pondal". Moreda resaltou a importancia "que este tipo de edificacións de grande envergadura teñen para ou sector urbanístico da cidade" e valorou "o importante dinamismo que estas construcións conceden á economía local".

A Escola Superior de Danza, que estará situada na cale Marqués de Valterra, aproveitará , en materia de equipamento, os amplos salóns do Casino. "O Liceo de Estribela xa contaba con espazos moi amplos e, por iso, a rehabilitación en escola de danza será máis sinxela", indicou o concelleiro. Desta forma, o edifico que actualmente se atopa pechado e abandonado, "terá unha nova vida".

Así mesmo, o edil asegurou referíndose a este proxecto que "tamén podemos facer unha lectura sobre o dinamismo social, cultural e creativo que neste momento ten o Concello de Pontevedra, que se fai atractivo para a instalación deste tipo de equipamentos".

BALANCE. Xaquín Moreda fixo un balance do volume de solicitudes urbanísticas no primeiro semestre do ano, presentando especial atención á situación provocada pola pandemia do coronavirus e a instauración do estado de alarma. "Nun ano que, a priori, parecía complicado para a actividade urbanística, vendo os datos recollidos non primeiro trimestre, non se apreza ningún descenso en canto a volume de solicitudes con respecto ao pasado ano 2019".

Segundo os datos achegados polos servizos técnicos municipais, entre xaneiro e xuño deste exercicio, contabilizáronse un total de 593 solicitudes correspondentes a trámites tales como comunicacións previas de obra (407) , licenzas de obra menor (23), licenzas de obra maior (23), licenzas de primeira ocupación (8), licenza de acondicionamento de locais (48) e comunicacións de apertura (35). Un volume de solicitudes que, segundo explicou Moreda, "sitúanse a parámetros moi similares aos rexistrados en anos anteriores".

Para rematar, Xaquín Modera fragmentó as 23 solicitudes recepcionadas para obras maiores en: nove vivendas, tanto unifamiliares como en bloques de edificios, tres rehabilitacións, dúas modificacións de edificios, catro cambios de baixo comercial a garaxe e a construción de dúas piscinas.

O Concello de Pontevedra tramita a licenza dunha residencia privada...
comentarios