O Concello de Vigo 'copia' o modelo de transporte a demanda de Pontevedra

O Concello pretende involucrar neste sistema aos taxistas
Parada de taxis da Alameda de Pontevedra. GONZALO GARCÍA (ARQUIVO)
photo_camera O Concello pretende involucrar aos taxistas no sistema de transporte a demanda. DP

A experiencia do transporte a demanda que Pontevedra quere pór en marcha entre o rural e o centro urbano servirá de modelo para outros municipios galegos. O primeiro en admitir que adoptarán a mesma fórmula –adaptada ás súas características– foi Vigo. O alcalde olívico, o socialista Abel Caballero, asegurou hai pouco máis dun mes que parte da renovación do servizo de Vitrasa consistiría na implantación dun servizo a demanda para as zonas que agora mesmo reflicten un número de usuarios menor.

Neste sistema de transporte a demanda, Pontevedra pretende involucrar aos taxistas, de modo que o servizo actúe de revulsivo para o sector, á vez que mellore a atención para os cidadáns. Será a empresa que finalmente realice o estudo quen propoña o modelo exacto, as fórmulas de xestión e o número de taxis ou autocares de pequeno formato que serían necesarios para a cobertura que se persegue.

A XUNTA PECHA O SEU ESQUEMA. Por outra banda, a Xunta pechou este xoves o seu esquema de transporte metropolitano coa licitación doutros 29 contratos que consumirán cerca de 237 millóns de euros durante os próximos dez anos para o funcionamento dun total de 1.286 novas liñas de bus, das cales máis da metade, 741, serán compartidas, Estes contratos operarán en case toda a provincia da Coruña –Costa da Morte, área de Santiago e comarca do Barbanza– e na de Pontevedra – Arousa, Tabeirós, Terra de Montes, Baixo Miño e Val Miñor–.

Comentarios