Concentración na praza da Peregrina para pedir a dimisión de Maduro

Un grupo de venezolanos reuniuse a favor de Guaidó e da entrada de axuda humanitaria no país suramericano

Miembros de la Asociación de Venezolanos en Pontevedra muestran su apoyo a Guaidó. DAVID FREIRE
photo_camera Membros da Asociación de Venezolanos en Pontevedra mostran o seu apoio a Guaidó. DAVID FREIRE

A Asociación de Venezolanos en Pontevedra (Asovedra) sumouse este sábado á concentración mundial en apoio a Guaidó á entrada de strong <>axuda humanitaria en Venezuela. Desde as 17.00 horas, un grupo de Venezolanos que se viron obrigados a saír do seu país, mobilizáronse na praza da Peregrina, onde permaneceron ata as 20.00 horas. Ademais, o restaurante, Toripollo, sede central da asociación, estivo a recoller insumos (material médico) e medicamentos durante todo o día que serán enviado a Venezuela como parte da axuda humanitaria que espera recibir o país. "Eu era farmacéutica en Venezuela, levo seis meses en España e antes de irme xa había unha crise gravísima, non había nin paracetamol. Pois en seis meses todo empeorou moitísimo", conta Norma Malavé, unha das manifestantes que este sábado pedían a dimisión de Maduro.

Pola súa banda, José Miguez Gonzalez, vicepresidente de Asovedra, asegura que, cada vez son máis os Venezolanos que viaxan a España fuxindo da dura crise económica que afronta o país suramericano. "Hai incluso muchos Galegos de segunda e terceira xeración que están a volver", declara o González. Asovedra destaca a falta de medicamentos como uns dos maiores problemas que afronta o país. "Hai carencias de antiretrovirales para tratar o VIH, de medicamentos para a tiroides... Os enfermos de hipotiroidismo, os diabéticos, os nenos con cancro, están a morrer. é impresionante a cantidade de persoas que están a morrer por falta de medicamentos", destaca Norma Malavé que durante todo o día estivo a recibir medicamentos, vitaminas, alimentos e ata produtos de hixiene persoal no restaurante que funciona como sede da asociación.

Desde España, os que puideron saír do país non se esquecen dos seus familiares. A maioría deixou atrás a irmáns e pais e temen que a crecente tensión política que se vive no país termine desembocando nun conflito armado. "Estamos á expectativa do que poida pasar. Hoxe é un día crave. Maduro está na súa fase final e nós tememos pola nosa familia porque sabemos que o non vai deixar o poder e que pode tomar cartas no asunto", confesa un dos manifestantes.

Varios Venezolanos fincados en Pontevedra uníronse este sábado ás protestas organizadas en todo o mundo

Son eses lazos familiares os que non lle permiten a moitos dos novos residentes da cidade, empezar unha nova vida en Pontevedra. Maissi Veiga, outra das manifestantes, conta que non se imaxina un futuro lonxe da súa patria. "Nuns cinco anos espero volver a Venezuela. é o meu país e é onde está a miña familia". Para outros, regresar non é tan fácil, "hai moita xente que o tivo que vender todo para vir a España. Abandonaron a súa casa, o seu coche, o seu negocio e viñeron aquí sen nada", recorda o vicepresidente de Asovedra.

Ante esta situación, varios Venezolanos fincados en Pontevedra, uníronse este sábado ás protestas organizadas en todo o mundo que piden un cambio político en Venezuela que, esperan, poida solucionar, ou mellorar, a realidade do país. Unha petición que comparten no resto de capitais de provincia galegas, onde grupos de inmigrantes Venezolanos tamén saíron ás rúas. A Asociación de Venezolanos en Pontevedra, teno claro: "O que queremos é volver e construír de novo Venezuela. Ese é o noso gran obxectivo".

Comentarios