Conde demanda ao Goberno "concretar" fondos europeos para o traslado de Ence

O vicepresidente económico tamén pide un encontro en Galicia para analizar o futuro da pasteira
El vicepresidente segundo y conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde. EFE
photo_camera O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde. EFE

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, chama ao Goberno central a "concretar" fondos europeos para ofrecer unha "alternativa" a Ence, logo da sentenza da Audiencia Nacional que obriga ao seu traslado da ría de Pontevedra ao anular a prórroga da concesión outorgada en 2016 polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy. 

En declaracións este luns, Conde invitou ao Goberno a visitar Galicia, "de igual forma que está a visitar outras comunidades" —pon de exemplo o apoio á automoción en Cataluña ou a viaxe do pasado venres da ministra de Industria, Reyes Maroto, a Estremadura—, para abordar o futuro da pasteira

Así, require ao Goberno "realismo" para que se poida concretar unha alternativa ao peche desta empresa". Co "fin de dar viabilidade a un proxecto destas características", di que se necesita "que haxa uns requirimentos técnicos desde o punto de vista da empresa", así como saber "cales son as condicións ás que se pode acceder en termos de fondos europeos", pois "o propio Goberno é o que ten a última decisión". 

Nesta liña, deixa claro que "a prioridade é o emprego" e a continuidade dun "proxecto destas características no sector forestal e loxístico". 

"Seremos absolutamente proactivos, colaboraremos co Goberno e a propia empresa para poder identificar esa solución, pero desde punto de vista pragmático e realista", afirma Conde. 
Igualmente, critica que, "ata agora, a transición enerxética só pódese contabilizar en peche de empresas e máis impostos tanto para as familias como para a propia industria".

Comentarios