Condenan a un funerario por estafar a unha muller de 91 anos

Aproveitouse de que era clienta súa para gañarse a súa confianza e acabou pagando facturas con cargo á súa conta

Un grupo de ataúdes. ADP
photo_camera Un grupo de cadaleitos. ADP

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un empresario do sector funerario a dúas penas de prisión que suman un ano e medio e a outras dúas de multa tras confesar que enganou a unha clienta súa, de 91 anos de idade, para pagar algunhas das súas propias débedas con cargo ás contas da nonaxenaria.

O procesado, encargado dunha empresa funeraria das inmedaciones do partido xudicial de Cangas do Morrazo, contactou coa vítima tras xestionar todo o relacionado coa morte do seu fillo. O individuo soubo que a muller vivía soa e foise gañando a súa confianza, chegando a dicirlle que eran parentes afastados. Comezou a facerlle recados ata que soubo que tiña máis de 22.000 euros no banco.

O condenado, cuxa empresa tiña débedas, comezou a domiciliar pagos na conta da anciá, ata apropiarse de máis de 1.100 euros da muller.

O recoñecemento dos feitos e o pago por adiantado de parte da cantidade defraudada serviu ao funerario para eludir o cárcere, aínda que deberá devolver o resto e pagar dúas multas.