Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Condenan a 15 anos de cárcere aos individuos que mataron a Pilar en Lérez

Un dos condenados, á súa saída da Audiencia Provincial. DAVID FREIRE
Un dos condenados, á súa saída da Audiencia Provincial. DAVID FREIRE

O tribunal deu por boa a petición da fiscal do caso, Marta Durántez

A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra confirmou o adiantado por este xornal o 28 de xuño condenou a sendas penas de 15 anos de cárcere aos dous acusados de matar a Pilar Fernández Otero, unha octoxenaria de Ramallás (Lérez), no marco dun violento roubo.

O tribunal deu por boa a petición da fiscal do caso, Marta Durántez, e validou o ditame de culpabilidade emitido polo tribunal popular.

A anciá, que faleceu en setembro de 2016, foi obxecto dun dobre asalto na súa casa o 30 de xullo. No segundo deles resultou golpeada por todo o corpo, restándolle lesións que, dous meses máis tarde, causáronlle a morte.

Condenan a 15 anos de cárcere aos individuos que mataron a Pilar en...