Un condutor de Vilaboa quintuplica a taxa de alcol tras un accidente en Pontevedra

O sinistro ocorreu nunha estrada local en San Vicente de Cerponzóns
Vehículo siniestrado en Cerponzóns. GUARDIA CIVIL
photo_camera Vehículo siniestrado en Cerponzóns. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil investiga un veciño de Vilaboa de 32 anos que quintuplicaba a taxa de alcol logo de sufrir un accidente de circulación. Segundo informou o instituto armado, ocorreu sobre as 17.50 horas do pasado día 13 nunha estrada local en San Vicente de Cerponzóns, onde o turismo que conducía saíuse da vía. 

Cando chegou a patrulla da Garda Civil de Tráfico ao lugar do sinistro comprobou a situación do vehículo e que o condutor, e único ocupante, estaba fóra do turismo "sen lesións aparentes". 

A proba de alcoholemia tivo un resultado positivo, porque quintuplicou a taxa máxima permitida, polo que se lle notificou a súa condición de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. As dilixencias instruídas neste caso entregáronse no xulgado de instrución de garda de Pontevedra.