martes. 02.03.2021 |
El tiempo
martes. 02.03.2021
El tiempo

O Consello Asesor do Museo acorda dar o nome de Castelao ao Sexto Edificio

César Mosquera anunciou a decisión este xoves fronte ao propio Sexto Edificio. GONZALO GARCÍA
O vicepresidente provincial, César Mosquera (d), e o director do Museo, Xosé Manuel Rey (c), anunciaron este xoves o nome do edificio. GONZALO GARCÍA
A institución "repara así unha inxustiza histórica co autor de Rianxo", dixo o vicepresidente provincial

O Consello Asesor do Museo de Pontevedra acordou poñer o nome de Castelao ao Sexto Edificio da institución. Así o anunciou este xoves o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, quen subliñou que na reunión celebrada o pasado 4 de novembro polos integrantes do Consello Asesor houbo varias propostas iniciais entre elas incluso deixar o nome de Sexto Edificio, malia que finalmente se acordou "por aclamación" darlle o nome de Castelao.

"Temos o convencemento de que a unanimidade do Consello Asesor e a trascendencia que colle o Museo adquirindo a colección Nós completará a reparación de certa inxustiza histórica con Castelao", subliñou Mosquera, que apuntou que hai anos a obra do rianxeiro non estaba ben tratada, "senón case arrinconada", engadiu o vicepresidente provincial, quen lembrou que o autor rianxeiro foi un dos fundadores do Museo, membro do seu Padroado, e a persoa da que institución pontevedresa conta con máis fondos. "Definitivamente dámoslle a Castelao a relevancia que tivo neste Museo", afirmou.

César Mosquera, na exposición dedicada a Castelao no Sexto Edificio. GONZALO GARCÍA

O nomeamento de Edificio Castelao seguirá a partir de agora varios trámites administrativos dende a Deputación para facelo oficial.

"Queremos darlle máxima dignidade ao nomeamento", manifestou Mosquera, polo que se llevará ao Pleno do ente provincial.

Referente. 2.000 obras no Museo
"É difícil de entender o Museo sen a figura de Castelao", subliñou pola súa parte o director do ente cultural, Xosé Manuel Rey, quen destacou ademais que as paredes do Museo de Pontevedra albergan hoxe máis de 2.000 obras asinadas polo autor.

Rey lembrou ademais que Castelao colaborou activamente na creación do Museo, realizando incluso apuntes ou debuxos sobre as reformas arquitectónicas do edificio Castro Monteagudo. O político, pensador e escritor rianxeiro tamén iniciou a súa propia colección no Museo cando en 1931, sendo membro do Padroado fundador do Museo, depositou once das súas obras, e manifestou o seu desexo de reunir o máis salientable da súa produción na institución pontevedresa.

O director fixo fincapé en que Castelao é o único artista que dispón dun espazo exclusivo neste organismo cultural, "convertendo ó Museo no referente para o coñecemento, estudo e difusión da súa obra".

O Consello Asesor do Museo acorda dar o nome de Castelao ao Sexto...
comentarios
ç